jueves. 11.08.2022

A campaña de compostaxe doméstica ponse en marcha na Limia

A Deputación de Ourense e Sogama asinan un convenio que destinará 40.000 euros para o fomento da protección medioambiental

.

 

 

Manuel Baltar e Javier Domínguez
Manuel Baltar e Javier Domínguez

Os municipios da Limia adheridos ó convenio xa poden formar parte da nova edición das boas prácticas da compostaxe na casa.

Como novidade este ano inclúense as "carpas de compostaxe", puntos de información e sensibilización social. Manterase a subministración dos composteiros e as xornadas divulgativas como en edicións anteriores. O obxectivo é formar e informar sobre a reciclaxe doméstica da materia orgánica.

Na campaña participarán tódolos cidadáns residentes nalgún dos cincuenta concellos ós que a Deputación de Ourense lles presta o servizo de recollida de residuos sólidos urbanos en réxime de competencias delegadas.

A nova edición de compostaxe doméstica contempla un orzamento de 40.000 euros. Desta cantidade a Deputación sufraga o 50 por cento, e Sogama aporta a outra metade restante.

Comentarios