A campaña do CDR O VISO recolle 1500 quilos de alimentos e produtos de hixiene

viso
A campaña do CDR O VISO recolle 1500 quilos de alimentos e produtos de hixiene

A recollida levouse a cabo do 1 ó 19 de decembro

Os 1500 quilos de produtos de hixiene e alimentos están conformados por unha ampla variedade. De entre eles, destacan os 246 paquetes de cueiros de tódalas tallas, 369 paquetes de pasta e 205 de arroz; 71 botes de xel ou 61 potitos. Todos eles alimentos e produtos de primeira necesidade. Dende a organización califican de "éxito" a campaña e sinalan que todo o recollido "contribuirá a que no vinderio 2016 podamos desenvolver un reparto mensual ás persoas e familias con necesidades", a maiores do reparto de Nadal.

Estas accións forman parte do programa Atención Urxente financiado polo Ministerio de Sanidade e Servizos Sociais e Igualdade, a cargo da convocatoria do IRPF 2015 do Servizo de Inclusión e Acción Social da Dirección Xeral da Familia e Inclusión da Xunta de Galicia e da Deputación.

O obxectivo da campaña é garantir que tódalas persoas poidan gozar duns indicadores mínimos de calidade de vida, concebindo a alimentación como un dereito básico e universal.

Dende o CDR O VISO queren agradecer a tódalas persoas, institucións e empresas que fixeron posible a campaña. Entre elas os supermercados Gadis, Día e Eroski, onde se colocou un carro para que a xente depositase a súa aportación. Tamén colaboraron os salóns de peiteado Luxury e Asun, e a Parroquia de Santa María de Couso da Limia.