Un campo de traballo da Xunta recuperará a aldea de Salgueiro en Muíños

Campos de Traballo
Un campo de traballo da Xunta recuperará a aldea de Salgueiro en Muíños
Este programa destinado aos mozo de entre 18 e 30 anos abre hoxe o prazo de inscrición REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia Hoxe, ábrese o...

Este programa destinado aos mozo de entre 18 e 30 anos abre hoxe o prazo de inscrición

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Hoxe, ábrese o prazo de inscrición para os campos de traballo que organiza cada verán a Consellería de Traballo e Benestar. Unha actividade, destinada a mozos de entre 18 e 30 anos, que nestes meses de xullo e agosto terán a oportunidade de colaborar na recuperación da aldea de Salgueiro en Muíños ou descubrir os usos dos materiais ecolóxicos na construción en Vilar de Barrio.

Serán un total de cinco concellos da provincia de Ourense, Riós, Celanova e  A Peroxa, ademais dos dous das comarcas da Limia e Baixa Limia os que contarán este verán con campos de traballo organizados pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asinaba o pasado luns os respectivos protocolos de colaboración cos rexedores destes municipios, un acto no que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez.

Mato destacou a importancia destas iniciativas dado que promoven as accións voluntarias, a participación da xuventude na sociedade e a mobilidade, ademais de ser unhas “excelentes ferramentas” de educación non formal. A temática dos campos que se desenvolverán en Ourense será moi variada, pero en xeral están relacionados co medioambiente, o patrimonio natural e arqueolóxico, e o contido social.

Celanova audiovisual

Destaca tamén o obradoiro que se desenvolverá en Celanova, centrado no eido audiovisual. Nel ensinarase a teoría da redacción do guión, rodaxe, produción e montaxe, así como tamén se centrará na práctica, a través da realización dunha curtametraxe.