30 de julio de 2022, 1:09
O Campus de Verán de Xinzo de Limia prolongarase nunha nova quenda, do 1 ao 12 de agosto, pola alta demanda das familias. A iniciativa, promovida polo Concello e as E.D.C., trata de facilitar a conciliación das familias. Con esa filosofía estenderase ata mediados do próximo mes, polo que os interesados terán unha nova oportunidade para participar. Os nenos e nenas que disfrutaron das actividades en xullo despedíronse cunha festa da escuma e inchables. Orientación, sendeirismo, pádel ou piscina foron algunhas das propostas das últimas semanas. As inscricións poderán realizarse na Casa da Cultura ou no pavillón de deportes.
