¿Cantos picastes onte?

¿Cantos picastes onte?
REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

INOCENTES!

Non, como seguramente moitos de vos xa sospeitades o noso amigo Jaime Collazo non será, por desgraza, o novo Bispo Auxiliar de Valencia. Como tampouco son reais as reaccións e declaracións que onte atribuímos aos membros da corporación municipal, e a outros persoeiros da Limia. Tratouse simplemente dunha inocentada. Unha broma sen malicia coa que quixemos celebrar non soamente os Santos Inocentes senón o que para nós é moito máis importante, que xa levamos un ano con vós!

Esperamos que ningunha das nosas vítimas se sentise ofendida, e se foi así pedimos as nosas más humildes desculpas. E en especial queremos darlle as grazas ao noso protagonista de onte, Don Jaime, pola súa paciencia.

MOITAS GRAZAS POR LERNOS CADA DÍA E DEDICARNOS UN MINUTIÑO DO VOSO TEMPO!

O equipo de DENDE A LIMIA