martes 19/10/21

A Capitana Rivera foi recibida no Concello

O Alcalde acompañado polo Presidente da Xunta e o do Parlamento recibiron aos representantes do destacamento da Casa Real

Guardia real5
Guardia real5

As 17:30 do día 17 o Concello de Xinzo abriu as portadas do salón de plenos para recibir aos representantes da Garda Real que esta mañá protagonizaron o desfile e que esta tarde farán as exhibicións no parque do Toural.

Ata o Salón achegouse o Alcalde acompañado por membros da súa corporación, ademais do Presidente da Xunta e do Parlamaneto así como alcaldes da comarca que estaban convidados aos actos programados das Letras Galegas.

No mesmo salón,  despois de darlle a benvida , a Capitana Rivera, asinou no libro de honra, despois de agradecer a presenza das autoridades e mostrar a súa satisfacción e a de todo o seu equipo pola acollida  e as mostras de afecto recibidas por parte de todo o mundo.

Comentarios