Os carballos da Limia afectados polo insecto Altica que pode provocarlle a morte

carballo
Os carballos da Limia afectados polo insecto Altica que pode provocarlle a morte

Os carballos da Limia parece que xa viven a estación do outono pola cor das súas follas pero a realidade é que están enfermos. O insecto Altica está causando graves danos nas árbores o que provoca que estean secando.

A praga aliméntase das follas verdes e como resultado os carballos secan e adquiran esa cor tostada máis propia do outono. A Altica vai debilitando a árbore e no peor dos casos pode causar a súa morte.

O certo é que a praga está afectando a varias zonas de Galicia e na Limia xa se vivira unha situación semellante no 2007. Por aquel entón decenas de árbores de Sandiás, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga, Xinzo, Sarreaus, e Tramiras, víronse afectados pola coñecida como pulga do carballo.

carballo 1

Polo momento a Xunta non se pronunciou ante estes feitos. No ano 2010 a administración galega procedera a frear a reprodución do insecto fumigando cunetas e camiños que bordeaban a zona de carballos. Nunha segunda fase para acabar coa praga procederon á aplicación dun produto fitosanitario sobre a propias árbores.

Entre tanto o insecto segue infectando os carballos da zona deixando unha paisaxe desoladora das árbores secas e enfermas.