Carlos Casares en Xinzo para sempre

IMG_2324
Carlos Casares en Xinzo para sempre

Os Mundos de Carlos Casares xa teñen o seu espazo no Museo do Entroido

Onte rematou o o ano dedicado a Carlos Casares coa inauguración da exposición que ata antes de onte era itinerante e que dende a tarde do venres terá o seu sitio permanente nunha das salas do Museo Galego do Entroido que dende ese mesmo momento pasará a chamarse museo Carlos Casares.

IMG_2287

Á inauguración asistiron os membros da Fundación do Escritor, o seu Secretario e o seu Presidente, Xavier Casares, quen tomou a palabra afirmando que esta pódese dicir que é a estación termino de Casares. Carlos marchouse pero o seu corazón, as vivencias a historia, a produción literaria e os seus obxectos persoais pasan a ser agora patrimonio de todos os veciños de Xinzo, terra que el tanto amou.

O seu mundo comezou en Xinzo, Lamas, Sabucedo, e dende hoxe volve a estar en Xinzo.

IMG_2301Tomou a continuación a palabra o Secretario Xeral de Política Lingüística Valentín García Gómez para dicir que para a Xunta de Galicia, a quen eu represento é moi importante estar aquí hoxe para darlle residencia permanente a esta exposición que ven de percorrer Galiza enteira. Esta exposición levou por a nos aterra o nome de Carlos Casares , quizás o nome mais frutífero e quizás o ano das letras galegas mais dinámicos e que mais vida tiveron, e foi así porque Carlos tamén era así.

Agradeceu a todas as administración, Deputacións, cidades galegas, concellos que colaboraron para facer posible esta exposición que agora queda en Xinzo e por suposto a Xunta porque despois de ver a exposición entendemos , para os que somos de lonxe, a saber como son as xentes de Xinzo e da Limia.

Agradeceu ao Concello de Xinzo o esforzo realizado durante todo este ano.

IMG_2306

O Vicepresidente da Deputación Rosendo L. Fernández volveu a repetir, como fixera fai unha semana, que remata o ano de Carlos Casares, pero comeza outra etapa dedicada o autor, o cal se lle entregará a medalla de Ouro da provincia. Todo empezou en Xinzo e remata en Xinzo con esta exposición dedicada o autor, que é un percorrido vital pola obra e vida do autor e desta maneira esa simbiose indisoluble de Xinzo e Carlos a partir de hoxe será mais indisoluble.

IMG_2310

Antonio Pérez alcalde da vila foi o encargado de pechar o acto, agradecendo a presenza dos alcaldes de diferentes puntos de Galiza que se encontraban no acto , así como ás autoridades presentes e por suposto a todos os veciños que quixeron asistir a inauguración.

Recordoulle ao Presidente da Fundación Xavier Casares que todo isto comezou na casa de Cultura de Xinzo cunha reivindicación importante pedindo o ano das Letras Galegas para Carlos e remata hoxe aquí unha primeira parte do camiño. A partir daquí comeza o outro percorrido para camiñar xuntos entre o Concello e a Fundación para seguir ofertando actividades e seguir cos concursos comezados este ano para que este xa museo de Carlos Casares sexa o comezo dese camiño que nos levará o ano que ven a segunda edición dos diferentes premios dedicados o autor limián, os que dende hoxe invita a estar a todos os presentes.

cats