martes 25/1/22

O grupo IGC, do que é conselleiro o ex alcalde limiao Isaac Vila, poderá continuar co proxecto

REDACCIÓN [email protected] Twitter: @Dendealimia

A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental comunicaba onte mediante o Diario Oficial de Galicia que a instalación cárnica que o grupo IGC, para quen traballa o ex rexedor limiao Isaac Vila, no suporá ningún cambio no Plan Xeral de Ordenación Municipal. O goberno municipal tería enviado a documentación necesaria para a consulta e ante a resposta positiva prevé sacar a subasta a parcela para que a empresa a adquira.

O proxecto de centro industrial cárnico de alta tecnoloxía presentouse hai xa tres anos e ten un orzamento de máis de 50 millóns de euros. E Ferrovial, que xa puxo a traballar aos seus técnicos en diferentes prospeccións hai meses, será a encargada de executalo.

Comentarios