Os carteiristas aproveitaron a feira de onte en Xinzo

feira 12.08-1
Os carteiristas aproveitaron a feira de onte en Xinzo

Aproveitaron a aglomeración de xente na zona do Toural para substraer ata 3 carteiras.

Onte foi día de feira adiantada e, como xa ten ocorrido noutras ocasións, os carteiristas deixáronse caer pola capital da Limia para cometer novos delictos. Até 3 carteiras foron substraídas na maña de onte, xoves 13, en Xinzo.

As carteiras contiñan diñeiro e documenación persoal. Os afectados xa puxeron as súas correspondentes denuncias nas autoridades policiais.