Os carteis da discordia

Cartel Xinzo 2
Os carteis da discordia
A pesar das ameazas do Ministerio de Fomento, o Concello seguen sen retirar os paneis informativos de entrada da vila...

A pesar das ameazas do Ministerio de Fomento, o Concello seguen sen retirar os paneis informativos de entrada da vila

REDACCIÓN

Os paneis que reciben aos recén chegados e despiden aos que xa marchan da vila de Xinzo, non cumpren a normativa vixente en materia de sinalización viaria, e a súa estrutura non está homologada segundo os ditados europeos. Ou cando menos isto é o que defende o Ministerio de Fomento, que xa lle pediu ao grupo de goberno limiao que os retire baixo ameaza de denuncia.

Pero o alcalde dixo que non, que alí quedan os carteis ata que Fomento se decida a colocar outros que si estean homologados. Mentres tanto, o noso colaborador Manuel Seoane analiza a cuestión en “C U A R TA A C E P I Ó N”, preme aquí.