A Casa da Cultura de Xinzo de Limia renova a súa cuberta ao abeiro das subvencións para a mellora de equipamentos da Xunta

IMG-20201125-WA0003
A Casa da Cultura de Xinzo de Limia renova a súa cuberta ao abeiro das subvencións para a mellora de equipamentos da Xunta

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visitou onte as súas instalacións acompañado pola Xefa Terriotrial de Cultura, o concelleiro de Urbanismo Moncho Gómez e o representante do PP Antonio Fernández-Toni

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visitou esta tarde a Casa da Cultura de Xinzo de Limia, cuxa cuberta está a ser renovada ao abeiro das subvencións para 2020 destinadas á mellora e equipamento das instalacións e locais de concellos destinados a actividades de carácter cultural da Xunta de Galicia

O custe da obra é de 40.000 € dos que a Consellería aportou 23.600.

A maiores, visitou o mural do proxecto beneficiario do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, Entroido de Xinzo, un sentimento de Roberto Fernández Otero, situado na avenida de Ourense.

O proxecto inicial ía ser a ampliación do baixo, trasladando as cristaleiras ata a parte de afora.

Segundo lembrou Elvira Lama a este xornal, o proxecto que o goberno anterior presentou o abeiro destas axudas era para ampliar o baixo, trasladando as cristaleiras ata a parte exterior.

A nos iso non nos parecía normal, posto que dentro da casa entraba auga en moitos sitios por culpa do tellado. A Consellería entendeu o cambio e nuns días rematarán as obras de cambio de tellado, quedando xa preparada a caseta para o futuro ascensor. Tamén se van a repara varias aulas que neste momento están inoperativas por culpa da entrada de auga.