A Casa dos Poetas de Celanova exporá a obra escultórica de Adolfo Fernández

Exposición Adolfo Fernández Casa dos Poetas Celanova
A Casa dos Poetas de Celanova exporá a obra escultórica de Adolfo Fernández
O artista da Baixa Limia é ademais, colaborador deste dixital REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia A técnica empregada por Adolfo Fernández Dafonte, artista plástico e...

O artista da Baixa Limia é ademais, colaborador deste dixital

REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia

A técnica empregada por Adolfo Fernández Dafonte, artista plástico e colaborador de Dende A Limia.com é moi peculiar. E da peculiaridade do seu bo facer, derívase a singularidade das súas pezas de barro, cocidas ao aire libre da mesma maneira que o fixeran os nosos devanceiros.

A súa serie de figuras de “Oficios e Tradicións Populares de Galicia” exporase na Casa dos Poetas de Celanova a partir do día 20 deste mes de marzo, e permanecerá aberta ao público ata o 30 do vindeiro mes de maio.