O casco vello estrea nova iluminación

Nova iluminación casco vello de Xinzo
O casco vello estrea nova iluminación

0 25 de novembro Xinzo achégase a iluminación do século XXI

Fai un par de meses que comezaron os traballos que realizan varias empresas, entre elas algunha local, para o cambio do 100% das luminarias do concello, Xinzo e pobos por iluminación LED dentro dos 6 proxectos solicitados ao IDAE.

ILUMINACIÓN CENTRAL

Rúa Lepanto
Rúa Lepanto

Un dos cambios máis significativos, polos que o concelleiro Rafa Penabad, estaba máis preocupado, era como quedaría o proxecto de iluminación nas rúas do casco vello, posto que se ía cambiar a iluminación dende as paredes por unha iluminación central cunha catenaria.

Pois hoxe a noite foi o día do cambio. Todos poden ver e opinar.

Supoñemos que nun pobo tan crítico como Xinzo, as opinións de taberna serán variadas.

Se serve para que os que aínda non o puideron ver poidan ter a opinión "máis clara" , axuntamos a proba de como se podía ver a rúa Lepanto na noite de onte e a continuación a día de hoxe.