Case 19 mil alumnos volveron hoxe ás aulas na provincia de Ourense

110917 Inicio curso primaria
Case 19 mil alumnos volveron hoxe ás aulas na provincia de Ourense

Ademais da actividade lectiva, hoxe comezaron funcionar os servizos complementarios de comedor escolar e de transporte.

Na xornada de hoxe comezou o curso nos ciclos de educación infantil, primaria e especial para 18.675 alumnos e alumnas de 113 centros educativos da provincia de Ourense. A matriculación en infantil cífrase en 5.631 escolares, en educación primaria son 12.915. No que atinxe a educación especial a provincia ourensá conta con 129 matriculados. Cómpre destacar que ditos datos son provisionais e poden mudar ao longo do curso escolar.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou o CEIP do concello de Maceda

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou o CEIP do concello de Maceda para compartir co seu alumnado as primeiras horas do inicio do curso e comprobar que a volta ás aulas desenvolveuse con normalidade nos centros educativos da provincia.

Na visita Díaz Mouteira percorreu as instalacións do centro, acompañado polo director e o equipo docente do colexio, e a xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Luz Fernández Quintas, e coñeceu as obras realizadas neste centro que consistiron na mellora das fiestras por un importe de 12.000 euros.

Ademais da actividade lectiva, hoxe comezaron funcionar os servizos complementarios de comedor escolar e de transporte coa posta en marcha da modalidade de uso compartido, prevista no "Plan de transporte público de Galicia" e implantada en máis da metade das rutas escolares da provincia, concretamente en 273 das 482 existentes, que manterán intactas as paradas, os percorridos e os horarios do alumnado.