Catro evacuados en Os Blancos esta madrugada

Catro evacuados en Os Blancos esta madrugada

As vítimas inhalaron monóxido de carbono provinte da mala combustión dun braseiro

REDACCIÓN

Os catro membros dunha familia limiá en Os Blancos, foron evacuados esta madrugada, tras teren inhalado monóxido de carbono provinte da mala combustión dun braseiro.

Segundo asegura Europa Press, o 112 tería reicibido o aviso desta intoxicación ao fío da unha da madrugada e os feitos poderían terse desencadenado despois de que a familia deixase as brasas dentro dun cubo. As catro vítimas, dous varóns de 48 e 23 anos e dúas mulleres de 43 e 26 anos, foron trasladadas polo 061 ao Hospital Cristal.