30 de mayo de 2017, 19:51
Sobre as 16 horas, parece ser que por mor dun despiste, un turismo saíuse da calzada na estrada que une Xinzo con Lamas. O vehículo ía ocupado por catro persoas , unha delas unha nena. O accidente produciuse na mais saír de Xinzo en dirección a Lamas.
Unha das persoas foi atendida no lugar do accidente e as outras foron trasladadas en dúas ambulancias do 061 ao PAC de Xinzo.
No accidente interviron dúas dotacións da Garda Civil, os bombeiros do parque da Limia e membros de protección civil de Xinzo.