O CDR O Viso inicia campaña de recollida de alimentos

recollidaalimentos
O CDR O Viso inicia campaña de recollida de alimentos

Gadis, Eroski e Día colaboran no programa de atención urxente a persoas en risco de exclusión social

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso vén de poñer en marcha a súa segunda campaña de recollida de alimentos e produtos de hixiene, que recibe o nome de "Contribuíndo ao local, contribúes contigo". A campaña está deseñada como complemento ao seu xa habitual e exitoso programa de "atención urxente a persoas en risco de exclusión social".

Todos os produtos recadados irán destinados a un programa de atención urxente que contempla moito máis que atallar temporalmente certas situación de necesidade. Dende a asociación afirman que tratan de prestar "unha abordaxe inclusiva a través de distintas actuacións de acompañamento, formación e asesoramento". O obxectivo principal é promover a inclusión sociolaboral de persoas en risco de exclusión social, así como a mellora da súa calidade de vida.

recollida2

Do 12 ó 17 de decembro, todos os interesados en colaborar poderán achegarse aos puntos indicados e contribuír aportando calquera dos produtos indicados.

Son moitas e moi diversas as institucións públicas e privadas –como se pode apreciar no cartel– que están a colaborar activamente con esta campaña da organización limiá, con sede en Lodoselo.