O CDR O VISO necesita voluntarios para o seu programa “Acción Voluntaria”

VOLUNTARIADO XUVENIL
O CDR O VISO necesita voluntarios para o seu programa “Acción Voluntaria”

Os voluntarios recibirán unha pequena compensación económica e unha acreditación da labor realizada

O Voluntariado é unha peza clave nas entidades e organizacións coma o CDR O VISO (Organización sen ánimo de lucro e declarada no 2010 como Entidade de Utilidade Pública) . Por esta razón, a través do seu programa de Acción Voluntaria, buscan persoas de entre 18 e 30 anos, como APOIO aos educadores sociais do CDR O Viso para o programa de POBO ESCOLA e actividades de tempo libre.

Estas persoas recibirán unha pequena compensación económica proporcionada polo programa Voluntariado Xuvenil 2015 da Xunta de Galicia, ademais dunha acreditación da labor realizada. Os interesados en colaborar poden presentarse na oficina situada na Praza Maior nº1, 1ºA (Xinzo de Limia). Ou chamando ao 988461571 ou escribindo a cixdalimia@cdroviso.org. Tamén poden atopar máis información na súa páxina web: www.cdroviso.org