O CDR "O Viso" organiza un novo obradoiro de busca de emprego

CARTAZ_RE-INVENTA-T_BAEG 4
O CDR "O Viso" organiza un novo obradoiro de busca de emprego

Para se apuntar é preciso poñerse en contacto co CDR no teléfono 988461571.

O Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso" organiza un "obradoiro de busca activa de emprego na Internet". O taller será desenvolvido a través do Proxecto REINVÉNTATE "Animación sociolaboral en grupo" os días 2 e 3 de maio en horario de 9:30 a 13:00 horas.

Terá lugar na Cassa da Cultura da capital da Limia e, malia que dende a organización informan de que as prazas son limitadas, aínda quedan algunhas prazas libres. Para se apuntar é preciso poñerse en contacto co CDR no teléfono 988461571.