O CDR O Viso organiza un proxecto audiovisual para a xente nova do rural da Limia

rural
O CDR O Viso organiza un proxecto audiovisual para a xente nova do rural da Limia

Os obradoiros serán impartidos por xornalistas e farase á vez en 4 países

RecThink é o nome desta inciativa que busca a colaboración dos máis novos para o desenvolvemento do rural. O proxecto europeo quere dar voz á Comarca da Limia a través de obradoiros prácticos da man de xornalistas e profesionais dos medios de comunicación.

As sesións presenciais terán lugar no CDR O Viso, en Lodoselo, nos meses de abril, maio e xuño. O proxecto desenvólvese á vez en Italia, Francia, Portugal e Galicia. Está dirixido á persoas menores de 30 anos que se van xuntar en cada un destes lugares para facer unha curtametraxe sobre os problemas ou dificultades que atopan na súa comarca.

Con tal fin, aprenderán técnicas de edición de vídeos, uso do teléfono como medio xornalístico e o potencial das redes sociais.

Todos estes coñecementos adquiridos plasmaranse nunha revista multimedia sobre o valor e a riqueza da zona. Así mesmo vaise levar a cabo unha campaña para propor alternativas e promover o desenvolvemento da rexión.

A actividade está coordinada polo CDR O Viso e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) e é de balde. Para anotarse hai que chamar ó 988 461 571 ou no correo electrónico cixdelimia@cdroviso.org.

Ó remate do proxecto, en xuño, terá lugar un encontro internacional en Portugal e os participantes recibirán un diploma.