O CDR O Viso pon en marcha unha campaña de recollida de alimentos e produtos de hixiene

o viso
O CDR O Viso pon en marcha unha campaña de recollida de alimentos e produtos de hixiene

Levarase a cabo na Limia ata o 19 de decembro

O desemprego e as duras condicións económicas polas que pasan moitas familias da contorna e a falta de recursos en consecuencia, son o aliciente para por en marcha esta campaña. Os traballadores sociais do CDR O Viso detectaron que veciños e veciñas da comarca non teñen produtos de primeira necesidade como leite, legumes, xel, cueiros ou compresas. Por iso poñen en marcha esta inciativa que durará ata o 19 de decembro.LISTADO_3

A recollida de alimentos e produtos de hixiene levarase a cabo nos supermercados de Gadis e no Día situados en Xinzo de Limia. Se se achegan ata estes establecementos verán carros da compra nos que poderán despositar a súa axuda. Outro punto de recollida é a oficina do CIX da Limia, situada na Praza Maior e o centro de inclusión de Lodoselo en horario de 10 a 14h e de 16 a 18h.

Baixo o lema "Contribuíndo ó local, contribúes contigo" inaugurouse a campaña neste primeiro día de decembro. Dende o CDR O Viso sinalan que "concibimos que a alimentación é un dereito humano básico e que non se pode supeditar a ningunha condición, de aí que toda aquela persoa ou persoas que queiran colaborar coa iniciativa que saiban que ofrecemos unha acción profesional planificada para acompañar ás persoas na mellora da súa situación ou situacións".