O CEIP Rosalía de Castro transforma un lugar de paso abandonado nun vistoso espazo lector

172760291_1423172671351102_2057130547474391732_n
O CEIP Rosalía de Castro transforma un lugar de paso abandonado nun vistoso espazo lector

Elvira Lama, Ramón Gómez e Rafa Penabad visitaron as obras acompañados do director do centro J.Manuel García

O CEIP Rosalía de Castro conseguiu transformar un lugar de paso abandonado nun vistoso espazo lector que servirá para contaxiar a paixón polos libros aos alumnos do centro. A iniciativa levouse a cabo gracias ao talento do artista Xosé Eladio e á colaboración do Concello de Xinzo de Limia. Esta mañá visitaron as instalacións a alcaldesa, Elvira Lama, e os concelleiros Rafa Penabad e Ramón Gómez, que foron guiados polo director do centro, José Manuel García.

O novo espazo, que comunica a parte de infantil coa de primaria, acollerá desde charlas a contacontos e está previsto que se dote de todo o mobiliario necesario para tal fin.
Cómpre recordar que, con motivo do Día Internacional da Muller, todo o alumnado do centro colaborou na elaboración dun mural baixo as directrices do artista Xosé Eladio, para ter presente esta data tan sinalada no calendario e recordarnos que é labor de todas e todos nós acadar esa igualdade de deberes e dereitos que debe estar presente na sociedade na que vivimos.