Manuel Dobaño, xornalista nado en Xinzo pero afincado no Prat de Llobregat, escribirá en Dende A Limia
REDACCIÓN
Unha das noticias que máis nos gusta dar: temos novo colaborador. Manuel Dobaño Peláez, xornalista limiao afincado no Prat de Llobregat desde 1960, escribirá en Dende A Limia.
Os seus primeiros coqueteos co xornalismo foron na vila, na primeira emisora de radio que se puxo en marcha en Xinzo, La Voz de la Limia. Neste medio, e xunto ao intelectual galego Carlos Casares, conduciu o programa Diálogos gramaticales entre Orto y Grafo.
Desde que cambiou a Limia por Barcelona ven compatibilizando a actividade empresarial coa xornalística, sobre todo en la Hoja del Lunes. Publicou Memòria dun compromís, e foi secretario da Federació Catalana dAssociacions i Clubs UNESCO. Ao longo da súa carreira recibiu entre outros galardóns, o Premio Nacional ao mellor correspondente de 1978, outorgado pola Axencia Efe. A día de hoxe, Manuel Dobaño participa nun programa de debate sobre temas de actualidade en El Prat Radio.
Para ler o primeiro artigo de Manuel Dobaño en Dende A Limia, preme aquí.