Chamamento o traballo para un Xinzo mellor, as primeiras palabras do novo alcalde do Concello

IMG_5591
Chamamento o traballo para un Xinzo mellor, as primeiras palabras do novo alcalde do Concello

"Agradecer as persoas que nos acompañan neste pleno, a súa presencia neste acto é importante para min, e desde logo darlle as grazas do grupo municipal Popular polo seu apoio". Así abría o discurso López Casas, novo alcalde do Concello de Xinzo, o cal continuaba anunciando que estaba moi satisfeito de ser alcalde e que acepta a responsabilidade que conleva o cargo, consciente da tarefa que os espera e proclamando un compromiso para traballar en que a vindeira etapa sexa beneficiosa para que todas as persoas que o grupo parlamentario, tanto eles como a oposión, representa.

"Todos nós somos herdeiros de concelleiros e concelleiras que dende a primeira corporación democratica de 1979, da que me honra ter formado parte, digo que todos traballaron con máis ou menos acertos e con vontade por este concello."

O novo alcalde fai un repaso da historia do noso concello, e fai fincapé en que agora é preciso que sexan capaces de un mellor esforzo para seguir coa "folla de ruta" que o anterior alcalde levaba, servir os veciños de Xinzo e continuar coa boa xestión económica que permitiu reducir a deuda do Concello. Tamén da a benvida a Ricardo Sieiro e confía na súa capacidade para traballar en facer un Xinzo mellor.

IMG_5577López Casas, convida á oposición a continuar coa boa relación e mellorala: "Quero amosar a maior vontade de diálogo, consenso e acercamento de criterios cos membros da oposición, todos temos a responsabilidade de sevir os veciños veciñas deste consello. Máis do 90% das mocións foron consensuadas e aprobadas por unanimidade e esperamos seguir nesa liña."; Continúa falando sobre esta relación e di: "Ese debate enriquecedor vainos axudar a conseguir acordos que debamos consensuar, un debate como foi hasta hoxe dentro dunha líña de respeto aínda dentro das discrepancias" . Recorda a súa confianza na profesionalidade dos empregados e empregadas dos concello, como principais valedores das súas decisións e contan con eles, pois son imprescindibles para o correcto funcionamento de calquera corporación.

Fai un chamamento para que a coporación de Xinzo preste especial atención á política local frente a política internacional, que aínda que importante, para os nosos veciños as iniciativas máis imporantes son as que lle afectan directamente.

Tamén lle deu unha mensaxe ó grupo de goberno seguindo a liña do seu discurso e parece que tamén a do seu tempo na alcaldía, escoitar os veciños e traballar por un Xinzo mellor :
"Convidamos tamén os membros do grupo popular para sexamos capazes de antepoñer os asuntos que interesan os veciños de Xinzo ós asuntos partidarios, que aínda lícitos, non poden facernos esquecer o fin para o que todos viñemos no ano 2015, que era servir a Xinzo." Finalmente advirte o grupo municipal popular que os veciños non perdoarán que unha falta na súa actitude os faga perder o obxectivo do compromiso con Xinzo.