jueves. 28.09.2023

    O Concello de Xinzo de Limia organiza unha xuntanza informativa para explicar a concesión de axudas económicas para rehabilitar vivendas no Camiño de Santiago, ó seu paso pola Limia. 

A charla está dirixida a veciños e veciñas de Xinzo e Boado. Nela estará presente unha arquitecta de Xestur para resolver tódalas dúbidas. 

O encontro terá lugar o vindeiro mércores 6 de abril, ás 17h no Salón de Actos da Casa da Cultura. 

As subvencións  na Orde de 22 de decembro de 2015 do Diario Oficial de Galicia, nº 246 de  28/12/15. Contemplan axudas dun máximo de 11.000 euros para o arranxo de aquelas vivendas que se atopan no transcurso do Camiño.