A choiva arruína unha feira que se presumía multitudinaria

Feira de Xinzo. Verán 2013
A choiva arruína unha feira que se presumía multitudinaria
Á cita do 27 acudiron a Asociación Limisi e os organizadores da Festa do Esquecemento Onte era día 27, para os...

Á cita do 27 acudiron a Asociación Limisi e os organizadores da Festa do Esquecemento

Onte era día 27, para os limiaos día de feira. Día de compras, intercambios, paseos, sorrisos e conversas. Ademais non era unha feira do 27 calquera, era a feira do 27 de xullo. Unha cita que despois da do vindeiro 14 de agosto, é a xornada de mercado máis importante do ano.

Desde a mañanciña estaba todo máis que listo para que veciños e visitantes ateigasen a praza e as rúas principais da vila. E así foi. Ou polo menos así se mantivo ata pasado o mediodía, cando a chuvia decidiu facer a súa aparición. A auga non durou moito tempo, pero si o suficiente para que os feirantes recolleran os seus postos e a xente se dispersara.

As asociacións limiás empregan a feira como escaparate

Porén, e a pesar de que o tempo augou a que é unha das reunións comerciais con máis sona da comarca, mentres o ceo tivo a deferencia de aguantar, asociacións como Limisi ou os organizadores do A Asociación Limisi para a Promoción de Discapacitados Psíquicos da Limia aEsquecemento non dubidaron en empregar este escaparate para dar a coñecer aos veciños a súa causa.

A Asociación Limisi para a Promoción de Discapacitados Psíquicos da Limia acudiu fiel á ocasión no lugar de sempre, para que todos os limiaos saiban onde poden colaborar con eles mediante a compra solidaria dos produtos que eles mesmos elaboran.

Tamén estiveron puntuais os organizadores da Festa do Esquecemento ataviados coas vestiduras representativas das festas, que este ano se adiantan ao segundo fin de semana de agosto. Coincide así a recreación da conquista romana da vila coa festividade de San Roque, celebración de moito éxito na comarca.