A CIG denuncia a actitude da concelleira de Persoal de Xinzo por difundir un documento “proclive a certas centrais sindicais”

A CIG denuncia a actitude da concelleira de Persoal de Xinzo por difundir un documento “proclive a certas centrais sindicais”
Anxo Torres, Secretario de Formación para o Emprego, pide a Montse Lama que “se absteña de participar” na acción destas...

Anxo Torres, Secretario de Formación para o Emprego, pide a Montse Lama que “se absteña de participar” na acción destas organizacións

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

A organización sindical CIG denunciou por medio dun dos seus representantes, Anxo Torres, o que eles entenden como “unha actitude proclive a certas centrais sindicais” por parte da concelleira de Persoal do Concello de Xinzo. Esta edil tería incorrido na “realización de labores de propaganda” segundo o sindicato nacionalista, cando o pasado martes repartía entre os traballadores un documento no que os invitaba a poñerse en contacto coa súa concellería, no caso de querer realizar cursos de formación do sindicato CC.OO.

Segundo Torres, Secretario Confederal de Formación para o Emprego, Monste Lama tería “rachado o principio de neutralidade” no que se basea a liberdade sindical, polo que lle solicita que “a respecte, e se absteña de participar na acción sindical do Concello”, co obxectivo defenden, “de evitar que o ambiente municipal se luxe máis do que está”. Para a CIG deben ser “as propias organizacións sindicais as que protagonicen esta actividade”, ofertando o seus servizos aos traballadores sen a mediación do Concello.