As brigadas de incendios de Xinzo sen local porque a Xunta non paga o aluguer

As brigadas de incendios de Xinzo sen local porque a Xunta non paga o aluguer

Son os feitos que denuncia o sindicato CIG

A instalación que dende fai anos empregan os traballadores do Servizo de Prevención e Defensa Contra incendios forestais en Xinzo, queda en desuso. Segundo a CIG Monterrei- A Limia, o motivo é que a Xunta non paga o aluguer do local ó seu propietario o que incidiu en que as brigadadas non poidan acceder o que ata onte era o seu local. O espazo usábano para servizos básicos como gardar as súas cousas persoais, mudarse de roupa, comer ou ducharse.

O sindicato galego fai pública esta denuncia e apunta que a Consellería de Medio Rural "desatendeu a complicada situación na que quedan agora as traballadoras e traballadores".

A CIG incide en que a Administración galega non ten e conta a dignidade das persoas que traballan nas brigadas de incendios de Xinzo. Sinalan que esta consideración dos traballadores por parte da Xunta "non dista moito das que tiñan os nobres condes de Monterrei dos seus vasalos: ferramentas manexables en función dos seus propios intereses".