A CIG limiá renova dirixentes

CIG
A CIG limiá renova dirixentes
A delegación do sindicato que a comarca comparte con Verín reunirase mañá para a VI Asemblea da Unión Local REDACCIÓN A Confederación...

A delegación do sindicato que a comarca comparte con Verín reunirase mañá para a VI Asemblea da Unión Local

REDACCIÓN

A Confederación Intersindical Galega de Monterrei- A Limia reunirase mañá na vila de Verín na VI Asemblea de Unión Local, para renovar o seus órganos de dirección. Así, a Casa da Cultura verinesa verá a partir das 10.30 horas da mañá, como muda a Executiva e tamén o Secretario da organización sindical.

Desde a CIG aseguran que este proceso ven "fortemente marcado pola crise económica" na que se situou o país, e que "se agudiza aínda máis na comarca". Critican ademais, a actuación dos dirixentes políticos ante esta situación aos que definen como "predicadores de atril que unha vez ocupado o sillón se olvidan ata das necesidades máis básicas dos seus veciños e veciñas". Neste contexto, o sindicato nacionalista atópase "convecido", de constituír "unha ferramenta imprescindible para os traballadores da bisbarra".