A CIG limiá revalida a Luis Ferreiro como secretario

IMG_3687
A CIG limiá revalida a Luis Ferreiro como secretario
Este sábado, a delegación do sindicato que a comarca comparte con Verín renovou a súa executiva REDACCIÓN A Casa da Cultura de...

Este sábado, a delegación do sindicato que a comarca comparte con Verín renovou a súa executiva

REDACCIÓN

A Casa da Cultura de Verín acolleu o pasado sábado a VI Asemblea Xeral de afiliados da Confederación Sindical Galega (CIG) das comarcas de Monterrei e A Limia, onde Luis Ferreiro foi reelixido como secretario da Unión Local.

Ademais de consolidar a Luis Ferreiro como líder sindical, a organización renovou así mesmo a súa Comisión Executiva para os próximos catro anos, da que agora forman parte, ademais de Ferreiro, Begonha Alonso Santamarina, Ana Belén Alonso Pardo, Francisco Xabier Rodríguez Cerdeiro, Pablo Martínez Pérez, Camilo Lorenzo Pérez e Luís Pérez González.

No acto estiveron presentes membros doutras organizacións políticas e sindicais da comarca coma BNG, FRUGA, SLG, ANOVA e Galiza Nova, así coma o Secretario da Unión Comarcal de Ourense, Etelvino Blanco e o Secretario Confederal de Formación para o Emprego, Anxo García.

O broche final púxoo un acto de homaxe á sindicalista local Dores Pérez González, que despois de 16 anos de servizo á organización cesaba do seu cargo de liberada sindical.