A CIG solicita a comparecencia ante a xuíz da Xunta de Goberno de Antonio Pérez

A CIG solicita a comparecencia ante a xuíz da Xunta de Goberno de Antonio Pérez

O sindicato pediu ademais tódalas súas actas entre os anos 2009 e 2012

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Trala declaración desta mañá do alcalde de Xinzo, o sindicato CIG que intervén na instrución como acusación particular, presentou ante a xuíza un escrito no que propón a comparecencia en calidade de testemuñas dos membros da súa Xunta de Goberno, e a entrega das súas actas entre os anos 2009 e 2012.

Esta petición nace das contradicións entre as versións de Pérez e ás da interventora entre 2009 e 2012, o ex secretario e a súa adxunta. O alcalde asegura que nas Xuntas de Goberno, como parte da orde do día, debatían cuestións de persoal e que, porén, non figuraba nas actas ningún reparo ás contratacións plantexadas e efectuadas. E os tres funcionarios que as cuestións de contratación eran debatidas unha vez finalizadas as xuntas, pero non como parte da orde do día.

Así, Manuel López Casas, tenente alcalde e concelleiro de urbanismo; Manuel Cabas, tamén tenente alcalde e concelleiro de igualdade, benestar e sanidade; Montserrat Lama, concelleira de persoal e Antonio Fernández, responsable de facenda, poderían ter que acudir ao xulgado para expor as súas versións dos feitos e aclarar esta situación.