Clausurado o primeiro curso de directores de bandas da UNED en Xinzo

IMG_5782
Clausurado o primeiro curso de directores de bandas da UNED en Xinzo

Xa hai datas para o segundo que será de perfeccionamento

Na tarde do sábado e coa presenza do alcalde de Xinzo, López Casas o que acompañaban os concelleiros de Cultura e Educación, Carlos Gómez e Luís M. Gil, así como o presidente da Agrupación Musical da Limia Jaime Collazo o presidente da Federación de Bandas de Galicia Iván Estevez, o director da agrupación José L. Tielas e o poñente director do curso Javier Viceiro, deuse por finalizado o primeiro curso de Directores de Bandas que dende Outubro se ven celebrando en Xinzo e que rematará mañá domingo.

SATISFACCIÓN POR PARTE DO DIRECTOR E DOS ALUMNOS

IMG_5786O traballo de director de banda, non é un traballo individual, se non que ten que ser de equipo. Cando estamos dirixindo unha banda, temos que esquecernos de nos mesmos e integrarnos cos membros da mesma e o contrario.

Neste momento os responsables de RR.HH. das empresas responsables de catar futuros executivos, buscan xente flexible e que saiba adaptarase ao traballo en equipo. Isto é algo que tamén ensinamos e transmitimos aos directores.

LISTA DE ESPERA PARA TRES ANOS

Andrea Los de Italia e Yan Cover de Holanda foron os grandes mestres que impartiron clases maxistrais en Xinzo aos alumnos e alumnas do curso.

Segundo manifestou Jose L. Tielas, estes dous profesores virán o ano que ven outra vez para o curso de perfeccionamento e haberá que buscar mais profesorado, porque o vindeiro curso tamén haberá outro de iniciación.

Tielas manifestou que nestes momentos hai unha lista de espera de tres anos de directores que queren facer os cursos en Xinzo, estando xa programado o do outono que ven e programándose tamén o grao de Master para dentro de dous anos.

Rematado o curso no mes de xuño farase un concerto no que participarán todos os alumnos/profesores deste curso no que participarán, ademais da agrupación da Limia a Banda de Tenorio e a de Bembrive. Desta maneira algún dos alumnos tomarán contacto coa dirección dunha banda.

É unha satisfacción de que a formación se empece a descentralizar traendo curso como este para zonas como é a nosa. Así se manifestou o alcalde na súa intervención , na que recordou cando o concelleiro Luís Miguel lle comentou a idea que naquel momento lle transmitirá o actual presidente D. Jaime, de algo que naqueles intres parecía inalcanzable. Luís comentoume, D. Jaime Collazo é un pouco “cabezón” e cando se lle mete algo na cabeza non para ata conseguilo. Efectivamente así foi e aquilo que parecía para outros lugares hoxe é unha realidade de presente e de futuro contando coa colaboración do Concello e co selo da UNED.

A Limia sempre tivo unha grande tradición de músicos, que non cabe dúbida que iso foi o xerme para o que está a acontecer hoxe en día.

Felicitar a alumnos e profesores porque desta maneira no mapa da UNED aparece Xinzo en toda España.

Rematado o acto o alcalde e os concelleiros acompañaron aos directivos da agrupación nunha visita polas remozadas instalacións da escola municipal.

IMG_5790