As claves: catas cegas e con mostras que calquera pode atopar no mercado

Cata 1
As claves: catas cegas e con mostras que calquera pode atopar no mercado
O concurso do que sairá o mellor viño de Galicia, iniciouse esta mañá en Casa A Rousía coas primeiras probas REDACCIÓN Entre...

O concurso do que sairá o mellor viño de Galicia, iniciouse esta mañá en Casa A Rousía coas primeiras probas

REDACCIÓN

Entre hoxe e mañá, os sumilleres de Gallaecia probarán ata 150 mostras dos mellores viños e augardentes de Galicia. As claves serán: cata cega e con mostras de mercado. Desta maneira, a botella tapada, e catando o mesmo produto que calquera cliente podería atopar no mercado, estes profesionais dos caldos asegúranse de que o que premien, será de igual calidade que o consumidor atopará despois á súa disposición.

O concurso, que ten este ano como anfitrioa a Casa A Rousía en Baltar, está oficialmente recoñecido tanto polo Ministerio de Medio Ambiente de España, como polo o seu equivalente galego, e é un dos máis consolidados a nivel nacional. A que se celebra na Limia é xa a súa XIII Edición. Este certame examina nas súas dúas fases ata 450 mostras de viños e augardentes. A primeira volta celebrouse nas sedes das cinco Denominacións de Orixe de viños de Galicia (Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Valdeorras e Ribeiro) e na do Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, durante os meses de xullo e agosto. Pasan a proba, aqueles que superan unha puntuación de 8,2 polo que o nivel é moi esixente, este ano só o conseguiu unha terceira parte.

A artífice de todo isto, a Asociación de Sumilleres de Galicia, Gallecia conta cun equipo de profesionais de excepción. Entre o panel de catadores, composto por cinco técnicos, un de cada Denominación de Orixe, atopamos e Jorge Mazaira, Pablo Vidal, Iván Vázquez Pateiro e Ruth Fernández Vidal. Completan a comitiva os asociados de Gallaecia, Mercedes González, José Ángel Lamas, Pedro Sestayo, Aurelio Vázquez, Carlos Ximénez, Luis Padín e Pablo Fernández. Estará presente tamén Waldo Carreira, Xefe de Servizo de Promoción de Calidade Agroalimentaria da Xunta de Galicia, que actuará de notario de cata.

Pero, para coñecer o seu veredicto de cales serán os viños e augardentes que merecen a Distinción Gallaecia 2013, haberá que esperar a mañá.