Os que fai tan solo un par de meses eran definidos como heroes, por estar traballando nos campos para que nos supermercados non faltasen aprovisionamentos, hoxe en día séntense acosados polo Seprona.
DÚAS MULTAS CADA DÍA
A semana pasada cando estaban traballando na nova colleita de patacas dous agricultores foron identificados por membros do Seprona a carón dos seus motores de rego na zona de Lamas e Ganade. Isto supón que nun par de meses lles chegará unha multa cuantiosa.
Hoxe mesmo outra vez, outra patrulla do corpo, seguiu a canalización do rego de dúas fincas ata dar coa leira e unha vez localizado o propietario foron a casa para a súa identificación e conseguinte sanción.
SE NON PODEMOS REGAR, NON HABERÁ COLLEITA “Amador Díaz”
Amador Díaz o Presidente da asociación de produtores de pataca manifestaba esta tarde que esta persecución que estamos a sufrir por primeira vez no mes de xuño e inexplicable. Ata agora no mes de xullo, sempre se nos permitiu regar as fincas e chegado o mes de agosto, xa non se facía. Non entendemos este cambio de actitude, e non sabemos ben quen da a orde, si a Subdelegación do Goberno ou a Confederación.
QUEREMOS QUE SE DESBLOQUEE DUNHA VEZ O PLAN DE REGADÍO
Estamos xa fartos de esperar por un plan que por “desvontade” política non se desbloquea e así non podemos seguir. Ou se lle da unha solución a este tema, temporalmente para estes días cunha moratoria, e definitivamente ao Plan, ou teremos que saír cos tractores a rúa, manifesta Amador, que esta tarde non daba atendido as chamadas dos seus asociados.