A partir das 15,30h da tarde do luns xa poden achegarse para votar polo cartel que máis lles guste. En total son 11 traballos os que entran a concurso. Tan só se poderá emitir un voto por persoa e farase acudindo co DNI á biblioteca municipal en horario de tarde, dende as 15.30h ata as 21h. O prazo para votar remata o xoves.
Ó longo desta mañá membros da comisión Troula de Festa procederon a colgar os carteis que están expostos na Casa da Cultura de Xinzo. A principal novidade entre os traballos é que moitos deles están pintados a man.
O venres pola mañá coñeceras cal é o traballo que vai representar ó Entroido 2016 de cara ó público e quen o fixo pois a identidade dos autores permanece en sobre pechado ata este día. Farase co reconto de votos emitidos polos veciños e veciñas, o voto da comisión e o voto do comité de expertos.