Comezou a segunda parte da rehabilitación do entorno da torre de Pena

FB_IMG_1468590444069
Comezou a segunda parte da rehabilitación do entorno da torre de Pena

A Xunta de Galicia ven de renovar este xoves 14 de xullo, a segunda fase dos traballos para a posta en valor da Fortaleza de Pena dá Portela, a coñecida como Torre de Pena, de acordo co proxecto de recuperación e posta en valor deste monumento, presentado no seu momento pola Concelleria de Turismo de Concello de Xinzo de Limia.

Nesta segunda fase realizaranse traballos de limpeza, planimetria e sondaxes arqueologicos previos ás posteriores intervencións de proteccion e consolidacion de extructuras e colocacion de escaleiras e porta, que permitiran o acceso ao interior da Torre.

Segundo apunta Carlos Gómez, Concelleiro de Turismo, a posta en valor da Fortaleza, que esta sendo acometida nas fases previstas, tambien contase coa dotación dunha zona de aparcadoiro e miradoiro nas inmediacións, así como sinalización especifica e paneis explicativos ademais dunha rampla de acceso e plataforma circundante na base da torre para facilitar o seu acceso, percorrido e para maior comprensión da súa historia e contextualización.