A comisión do Entroido habilitará unha pantalla LED na Praza Maior para publicidade

Anuncio entroido2018
A comisión do Entroido habilitará unha pantalla LED na Praza Maior para publicidade

Os interesados deberán poñerse en contacto coa propia comisión antes do 5 de febreiro.

A Comisión do Entroido 2018 vén de informar que este ano contarase cunha pantalla LED na Praza Maior de Xinzo de Limia para que todos aqueles comerciantes ou empresarios que así o desexen poidan publicitarse nela.

Os interesados deberán poñerse en contacto coa propia comisión antes do 5 de febreiro –incluído– a través dunh correo electrónico a comisionentroidoxinzo@gmail.com ou a través de Facebook.