A Comisión de festas considera “muy dignas” as pasadas festas de Xinzo (La Voz de Galicia)

orquesta la formula
A Comisión de festas considera “muy dignas” as pasadas festas de Xinzo (La Voz de Galicia)

Esta mesma comisión será a encargada da organización do entroido, segundo eles afirman

Segundo declaracións feitas o diario La Voz de Galicia, a asociación que se encargou da organización este ano 2015, a primeira vez que non o fai o Concello, opinan que foron \“muy dignas\”

O portavoz da mesma Jose A. Parente, tamén recoñeceu que a discoteca móvil, deulles algún que outro dor de cabeza, por protestas de algún veciños.

Entendemos que sempre que se fai troula pola noite, sempre hai veciños que se poden sentir molestos, comentou. Entendemos que non sempre se pode contentar a todo o mundo.

XA PENSAN NO ENTROIDO

PRESENTACIÓN PROGRAMA FESTASFai tan só dous días que remataron e os integrantes da asociación A TROULA, tamén se encargarán da organización do ciclo do entroido 2016.

Dende o primeira semana do mes de setembro , poranse a darlle voltas o tema do entroido. Outra vez serán os veciños, segundo Parente os que leven a cabo esta organización, desta vez, como dixo o propio concelleiro de festexos, cun presuposto, semellante os anos pasados.