A comisión de festas xa ten os primeiros membros a 30 dias das mesmas

convocatoria comision de festas
A comisión de festas xa ten os primeiros membros a 30 dias das mesmas

O concelleiro Luís M. Gil espera que ata o luns se apunten máis veciños

A convocatoria feita pola concellería de festexos, que a priori se esperaba tensa, resultou do máis frutífera .

Un hoteleiro, un comerciante uns poucos veciños e varios representantes dos partidos da oposición reuníronse no salón de plenos .

Tomou a palabra o concelleiro para explicar as súas liñas de actuación para estes catro anos, no tocante as festas, tendo as ideas, segundo el moi claras.

EU SOLO VOU ASUMIR AS CRÍTICAS

Todo o mundo ten que ter claro que a miña postura cando me fixen cargo desta concellería de Cultura e festexos, e distinguir moi ben entre as festas patronais e o Entroido. Eu solo vou asumir as criticas desta decisión. Ata hoxe , tódolos meus compañeiros apóianme. Espero non fracasar, e se fose así, o alcalde cando queira pódeme cesar. Seguindo coa exposición de intencións apuntou que as festas patronais tennas que pagar o pobo, como fan todos ós pobos de Xinzo. O Concello colabora con eles con 300 € dos presupostos municipais e en Xinzo colaborará con 10.000. De aí para adiante, será a comisión de festas coas axudas dos veciños, hostalería e comercio o que faga unas boas, regulares ou malas festas.

NINGÚN MEMBRO DA SÚA CONCELLERÍA PARTICIPARA NA COMISIÓN

Outra das decisión foi a de que os membros da comisión, serán veciños da vila, todos teñen que ser voluntarios e poderán estar todos aqueles veciños que queiran adicar o seu tempo en facer algo a favor das festas, pero non solo das de Sta. Mariña, se non tamén de outras festas de fin de semana que se poidan organizar o longo do ano. Loxicamente xa se conta co Esquecemento que organiza outro grupo de veciños.

AS CONTAS CLARAS

A comisión será totalmente transparente nas súas contas, tendo que presentalas o público dez días despois de rematadas as mesmas.

Falando de contas, el non quere adicar 35.000 € das arcas municipais as festas, tendo outras actuacións que necesitan tamén mais cartos, Conservatorio, Escolas de Gaitas, Escolas de música , etc.

CRITICAS DA OPOSICIÓN

Os membros presentes dos partidos políticos da oposición PSOE e XA, están de acordo co plantexamento xenérico de que as festas tennas que pagar ós veciños. O que criticaron foi que a 30 días do día grande, non é o momento de convocar os veciños, e tampouco a maneira de convocalos.

Non entenden como a páxina WEB do Concello non funciona, nin para facer convocatorias como esta, nin para poñer as contas claras anteriores.

A iso o concelleiro tivo que admitir que efectivamente a páxina, non funciona.

NON É CERTO QUE OS HOSTALEIROS E COMERCIANTES NON COLABORENconvocatoria comision de festas

O representante do comercio (a título persoal) dixo que non era certo que o comercio, hostalería e veciños, non colaborara. Para el hai dous problemas, o primeiro que cando se vai a pedir non se di que vai haber, e segundo , os membros da comisión teñen que ser xente recoñecida por todos.

Tamén o hostaleiro presente coincidía que non se pode ir a solicitar colaboración sen saber para que. Primeiro dicir o que se pretende facer e segundo o programa , as colaboracións serán proporcionais.

Apuntaron entre todos a posibilidade de aportación de cada veciño dunha cantidade de entre 10 e 20 € /ano, para estas e outras festas que se poidan facer.

Elvira Lama, apuntou que as festas queren vésperas, e aquí non houbo vésperas y é de esperar que aínda así haxa festas.

Para rematar o concelleiro animou a que outros veciños se sumen os que se ofreceron xa para formar parte desta comisión.

Outra vez os presentes apuntaron a utilización da páxina para informar de todo o que se fai ou se vai a facer.