A COMISIÓN DE HERÁLDICA APROBA O ESCUDO E A BANDEIRA OFICIAL DO CONCELLO DE XINZO DE LIMIA

13,30 h.- A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, presidirá a reunión da Comisión de Heráldica. Na Dirección Xeral (rúa Madrid 2-4). foto xoán crespo 23/09/2019
A COMISIÓN DE HERÁLDICA APROBA O ESCUDO E A BANDEIRA OFICIAL DO CONCELLO DE XINZO DE LIMIA

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, presidiu hoxe a reunión da Comisión de Heráldica

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, presidiu hoxe a reunión da Comisión de Heráldica na que se aprobou o escudo e a bandeira do concello de Xinzo de Limia

Segundo explicou a directora xeral de Administración Local, os municipios e demais entidades locais de Galicia poderán adoptar escudos heráldicos e bandeiras propios e privativos, modificar os xa existentes ou rehabilitar os que historicamente se empregasen, baseándose sempre en feitos históricos ou xeográficos característicos e peculiares do seu territorio, conforme ás normativas de heráldica.

Ningunha entidade local de Galicia poderá utilizar escudo heráldico ou bandeira que non fosen aprobados polo Consello da Xunta de Galicia, sen prexuízo daqueles que foron aprobados pola Administración do Estado con anterioridade á transferencia de competencias a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Comisión de Heráldica é o órgano consultivo da Xunta de Galicia, adscrito á consellería competente en materia de réxime local, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sendo a encargada de emitir informes vinculantes de aprobación, modificación ou rehabilitación de escudos heráldicos e bandeiras das entidades locais galegas. Ademais, poderá elaborar as correspondentes proposta para a modificación ou rehabilitación de escudos heráldicos e bandeiras daquelas corporacións locais que así o soliciten, sen ningún cargo para a entidade local interesada.