A COMISIÓN PRESENTOU O CARTEL E O PROGRAMA DAS FESTAS

PRESENTACIÓN PROGRAMA FESTAS
A COMISIÓN PRESENTOU O CARTEL E O PROGRAMA DAS FESTAS

Entre 18.000 e 20.000 € será o custe deste ano

A comisión manifestou o seu agradecemento a tódolos que colaboraron coa comisión, para poder sacar estas festas nun tempo récord.

Destacou o Pte. da mesma Ricardo Sieiro, que a xente foi moi receptiva sen querer entrar en diferenzas entre o comercio e a hostalaría, porque dixo, será o final cando se faga un balance.

FESTAS PARA TODOS

O que si quixo facer constancia, co programa n aman, que estas festas son para todos, pequenos , xuventude e menos mozos.

Haberá espectáculos para nenos como poden ser SON+DE DOUS que actuarán o día 18, festivo local as 19:00 na praza Carlos Casares.

Ese mesmo día a verbena estará amenizada pola orquestra ESSENCIA a partir das nove da noite e media hora mais tarde comezará o 1º SANTA MARIÑA ´S FEAST no que terán cabida nesta primeira edición os grupos de Xinzo, MILDEU-MADMISSIÓN e HABITACIÓN VUDÚ.

Tamén destaca como novidade unha sesión de DJS na praza do Toural.

programa festasNATALIA RODRÍGUEZ COA AGRUPACIÓN MUSICAL DA LIMIA E A ORQUESTRA LA FORMULA

O día 19 domingo as 20:00 na praza Carlos Casares terá lugar a actuación da cantante NATALIA RODRÍGUEZ, finalista do programa \“Tu si que vales\” e a orquestra LA FORMULA que está formada por ex compoñentes das orquestras PANORAMA e OLYMPUS , neste caso a actuación da orquestra será na rúa Arnoia do Polígono.

Todos os días os pasarruas estarán a cargo da charanga XL.