Compromiso por Galicia ponse ao día en política municipal

Xornadas Municipais CxG
Compromiso por Galicia ponse ao día en política municipal
A organización galeguista celebrou hoxe unhas xornadas en Vilar de Santos co obxectivo de “adaptar aos seus membros á realidade...

A organización galeguista celebrou hoxe unhas xornadas en Vilar de Santos co obxectivo de “adaptar aos seus membros á realidade dos concellos”

REDACCIÓN

O concello limiao de Vilar de Santos foi anfitrión durante a mañá de hoxe, dunhas Xornadas de Política Municipal organizadas ao abeiro de Compromiso por Galicia. A organización galeguista busca con esta iniciativa, en palabras de Xosé Manuel Pérez Bouza, “formar a alcaldes, concelleiros e responsables locais nas distintas facetas da política municipal e adaptados á realidade actual”.

O programa destas Xornadas incluíu un repaso á Lei de Reforma da Administración Local, e a definición das liñas básicas do programa de CxG para as vindeiras eleccións municipais que son para Pérez Bouza “de vital importancia para consolidar o proxecto político” do partido. Ademais de obradoiros e talleres, as Xornadas incluíron tamén a intervención de Xan Jardón, alcalde de Vilar de Santos, quen expuxo aos presentes a xestión que está a levar a cabo no consistorio, o que xa é coñecido entre os seus compañeiros de partido coma “o milagre de Vilar de Santos”. A organización política galeguista quere divulgar e dar a coñecer o traballo de Jardón para que “sirva de guía”. Pérez Bouza asegura que este municipio é “un dos que ten unha xestión máis eficiente, non só polos servizos que presta aos seus veciños, senón tamén pola situación económica saneada que presentan as súas contas”.