O Concelleiro de Cultura de Xinzo participou na conmemoración da entrega foral a Ponte de Limia

IMG_2249
O Concelleiro de Cultura de Xinzo participou na conmemoración da entrega foral a Ponte de Limia

As capitais Limiáns levan hermanadas dende fai máis de 30 anos participando en diversas actividades

O Presidente da Cámara municipal, xunto co Concelleiro de Cultura de Xinzo e a secretaria da Asemblea Municipal, recordou que o seu municipio xa establecera, fai anos, relacións transfonterizas mantendo a participación en diversas actividades. Estas declaracións tiveron lugar na cerimonia oficial que conmemora aos 890 anos da entrega foral a Ponte de Limia pola reina Dona Teresa.

As relacións entre as capitais Limiáns hermanadas (Ponte de Limia e Xinzo de Limia), dende fai case 30 anos, víronse acrecentadas e potenciadas debido a actividade promovida pola concellería de Cultura, Turismo e desenvolvemento económico. A raíz deste avance surxiron varias iniciativas.

Entre estes proxectos, cabe destacar os de concienciación e educación medioambiental como o do abrazo ao río Limia, que por quinto ano permite relacionar aos alumnos de primaria de ambos municipios. O vindeiro mes de abril, máis de 200 alumnos portugueses visitarán Xinzo para unirse aos outros tantos alumnos dos colexios Carlos Casares e Rosalía de Castro. O obxectivo das dúas xornadas e finalizar as actividades con un abrazo ao río que baña ambas poboacións, el Limia e o Lima.

En próximas fechas, o concello de Xinzo, participará nunha presentación dun proxecto transfronterizo que buscará fondos de cesión Europeos para o desenvolvemento e execución de diversas iniciativas relacionadas coa promoción económica dos socios.