O Concello anima a facer mascarillas na casa

foto máscaras
O Concello anima a facer mascarillas na casa

Para doar a quen segue traballando para protexernos do coronavirus

A escaseza de mascarillas de protección está a converterse nun grave problema, especialmente para o persoal sanitario, pero tamén para as persoas que trallaban nos servizos públicos ou nas actividades consideradas esenciais, empezando polas que o fan no nosa vila.

90350581_1120002611668111_1612584293492588544_o

Estamos a pensar nos empregados e empregadas dos supermercados, farmacias, gasolineiras, estancos, os traballadores e traballadoras municipais, Policía Local, Protección Civil, Garda Civil e, por suposto, todo o persoal sanitario de Xinzo. Moitos deles poderían estar tendo problemas para conseguir mascarillas, tamén en Xinzo.

Así que para tratar de axudar, e dada a situación de confinamento na que nos atopamos a inmensa maioría de cidadáns da vila, dende o Concello queremos impulsar esta iniciativa, que consiste en facelas artesanalmente dende a casa.

Serían para uso propio si fora preciso, aínda que na maior parte dos casos non sexan necesarias, pero sobre todo para doar as persoas que están traballando para protexernos do coronavirus, expoñéndose a resultar contaxiadas.

Aínda que hai moitos titoriais que explican como facelas, dende o Concello elaboramos unha sinxela guía gráfica, para facilitar a tarefa a quen queira sumarse a esta iniciativa. Recomendamos tamén a utilización de tela (preferiblemente algodón), pois poden lavarse cada día e reutilizarse.

A recollida das máscaras realizarase por persoal do Concello ou por voluntarios de Protección Civil, previo aviso por parte de cada fogar, establecéndose en cada caso a fórmula de entrega que mellor garanta o cumprimento das directrices do Estado de Alarma.

Si te apuntas a participar nesta iniciativa, sube as túas redes unha foto coa primeira mascarilla que fagas co hastag #XinzoFaiMascarillas, para que así se animen tamén outras veciñas e veciños.