O concello mostra a súa satisfacción polo nombramento das letras galegas 2017

Casa_do_concello,_Xinzo_de_Limia,_Ourense_12
O concello mostra a súa satisfacción polo nombramento das letras galegas 2017

Dende o Concello de Xinzo de Limia e Concellería de Cultura, Deportes, Educación, Festexos e Xuventude congratulámonos pola recente decisión da Real Academia Galega de dedicar as Letras Galegas do 2017 a D. Carlos Casares Mouriño; agracendo o traballo e apoio de todas as persoas e institucións que durante os últimos anos fixeron posible que este recoñecemento fora posible.

A partir dagora, convidamos aos centros educativos, asociacións culturais, representantes públicos, Fundación Carlos Casares, institucións locais, provinciais e autonómicas, aos veciños e veciñas, ... ; para que entre todos rindamos a merecida homenaxe a tan ilustre e polifacético escritor e Fillo Adoptivo da nosa vila.

Para rematar darlle a noraboa a famila, amigos e amigas de Carlos Casares por este recoñecemento.