sábado 16/10/21

O Concello repara a fonte da praza Carlos Casares, que leva arredor dunha década sen funcionar

fuente
Fonte da praza Carlos Casares

O Concello de Xinzo de Limia ultima o arranxo da fonte da praza Carlos Casares, que leva arredor dunha década sen cumprir a súa función ornamental. Os traballos céntranse na reparación do motor e está previsto que a instalación, con cinco chorros de auga, se poña en funcionamento en canto estes rematen.

O Concello repara a fonte da praza Carlos Casares, que leva arredor dunha década sen...