Concello de Vilar de Santos e PVG colaborarán no marco do emprendemento

pvg e vilar de santos
Concello de Vilar de Santos e PVG colaborarán no marco do emprendemento
Xan Jardón e Xosé González mantiveron na tarde de onte unha reunión nas dependencias municipais REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia Xan Jardón, alcalde de Vilar...

Xan Jardón e Xosé González mantiveron na tarde de onte unha reunión nas dependencias municipais

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Xan Jardón, alcalde de Vilar de Santos e Xosé González o xerente do Polígono Virtual de Galicia mantiveron onte pola tarde unha reunión nas instalación do Concello como continuación dos contactos iniciados meses atrás.

Nesta nova reunión establecéronse diferentes liñas de colaboración futuras no marco tecnolóxico e do emprendemento, quedando previsto un foro-charla cos empresarios e emprendedores do Concello de Vilar de Santos no mes de xuño.