O Concello de Xinzo e a asociación Auria estreitan lazos en prol dos diabéticos e para visibilizar a enfermidade

Reunión AURIA-CONCELLO XINZO
O Concello de Xinzo e a asociación Auria estreitan lazos en prol dos diabéticos e para visibilizar a enfermidade

Elvira Lama mantivo unha reunión con representantes da entidade, que xa considera a apertura dunha sede na vila para colaborar na divulgación da enfermidade e axudar a detectar casos ocultos

A alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, mantivo esta mañá unha reunión coa presidenta da asociación diabética Auria, María Paz Gómez del Valle; unha representante da Escola Rural de Saúde, Dolores Rico, e outros representantes das entidades, co fin de estreitar lazos en prol dos enfermos e visibilizar a doenza na vila.

Auria xa considera a apertura dunha sede na vila para axudar a divulgar a enfermidade, visibilizala e contribuír a detección de casos de diabetes ocultos, colaborando ademais no seguimento e control dos enfermos.