O Concello de Xinzo decreta tres días de loito polo falecemento do exalcalde Ramón de la Fuente

Bandeiras con crespón negro polo pasamento de Ramón de la Fuente
O Concello de Xinzo decreta tres días de loito polo falecemento do exalcalde Ramón de la Fuente
Foi unha persoa moi querida e apreciada polos veciños do municipio, onde traballou como médico e presidiu o Antela F.C.

O Concello de Xinzo de Limia decreta tres días de loito polo falecemento do exalcalde Ramón de la Fuente aos 92 anos de idade. Nado o 6 de enero de 1929 neste municipio, foi un veciño moi querido non só polo seu traballo na política, senón tamén pola súa profesión como médico e pola súa paixón polo Antela F.C., equipo que presidiu.

As bandeiras xa ondean a media hasta na casa consistorial. A alcaldesa, Elvira Lama, quixo trasladar as súas condolencias á familia en nome de toda a corporación de Xinzo e dos veciños deste pobo.

Ramón de la Fuente foi concelleiro de Alianza Popular entre 1971 e 1983 e do Partido Popular de 1991 a 1999. O seu nomeamento como alcalde chegou en xaneiro de 1998, desempeño que se prolongaría ata maio de 1999.

Os veciños que o desexen poderán darlle o último adeus no tanatorio Lamas, emprazado na rúa Rosalía de Castro, número 55. O funeral será o martes 2 de novembro ás 4 da tarde na igrexa parroquial.